Skip to main content
Pedrafita

O domingo regresa o Certame-Exposición de Gando Vacún de Pedrafita

Por 13 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 17 de setembro volverase celebrar unha nova edición do tradicional Certame-Exposición de Gando Vacún de Pedrafita.

Goberno local e a Deputación promoven conxuntamente esta iniciativa de impulso do sector gandeiro e do rural. Prevese, como noutras ocasións, a participación de 40 ganderías das provincias de Lugo e de León.

Haberá unha poxa de novillas preñadas cuxos prezos oscilan entre os 1.200 e 2.000 euros. Como en anteriores edicións, espérase a presenza dunha media de 2.000 persoas na vila.

Ás 11.00 horas haberá pasacalles amenizado pola Charanga DXT que dará paso á poxa e ás 14.00 horas será a entrega de premios no mercado gandeiro.