Skip to main content
Pedrafita

A Furgoteca volve ata Pedrafita cos seus libros

Por 15 Setembro, 2023Sin comentarios

A Furgoteca estará o vindeiro martes 19 de setembro no Concello de Pedrafita do Cebreiro percorrendo o municipio para ofrecer libros para os máis pequenos, pero tamén para todas as persoas que queiran.

A biblioteca móbil da Xunta estará en Lugar de Foxo ás 11.00 horas, ás 11.30 en Fonteferreira, ás 12.00 no Hospital, ás 12.35 en Sabugos, ás 13.10 no Alto do Poio, ás 13.45 nos Casares e ás 14.15 en Pedrafita.

Xa estivera no Incio o pasado día 5, percorrendo nese caso as parroquias de O Cebreiro, Liñares, Fonfría e Lourzarela.