Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXASober

A biblioteca de Sober acollerá, un curso máis, o programa de lectura Merendas con contos

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

Volve o programa de animación á lectura Merendas con Contos do Concello de Sober para fomentar a lectura entre os máis pequenos, de entre 4 e 12 anos.

Este iniciativa levarase a cabo desde o mes de outubro ata o mes de xuño de 2024 os venres, de 16.30 a 19.00 horas, na biblioteca pública municipal, abarcando así todo o curso escolar.

As familias interesadas en apuntar aos seus fillos a esta actividade, poderán apuntalos no centro sociocultural de Sober ata completar o aforo, que é de 20 prazas ata o vindeiro 4 de outubro.