Skip to main content
Chantada

A III concentración nacional de Seat 131 será en Chantada

Por 18 Setembro, 2023Setembro 19th, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 22, 23 e 24 de setembro, organizarase unha concentración nacional de coches Seat 131 en Chantada, na que será a súa terceira edición.

A xornada terá lugar ás 10.00 horas cunha recepción, entrega de dorsais e agasallos na praza do Cantón, para que ás 12.00 horas se pechen as inscricións.

A saída será ás 12.30 horas e, ás 14.00 hora haberá un xantar no Casino da Rasa con sorteo de agasallos. Pola tarde, ás 17.15 horas farase a saída ata un punto de ocio e ás 19.30 rematará a xoranda.

Para inscribirse, pódese facer no mail asociacion.nacional.amigos.131@gmail.com ou chamando ao teléfono 619 824 327. O prezo de inscrición é de 30 euros socios e 35 non socios.