Skip to main content
CarballedoChantada

As 20 persoas que participaron do taller de emprego Serra do Faro VII participaron do seu acto de clausura

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

O taller de emprego Serra do Faro VII, promovido polo Concello de Chantada asociado co de Carballedo e financiado pola Xunta de Galicia con 534.000 euros, foi clausurado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O obradoiro proporcionou formación e un contrato de traballo a 20 persoas desempregadas durante 12 meses a través de tres especialidades: operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións.

Os participantes recibiron ensinanzas teóricas e prácticas e desenvolveron distintos labores nos respectivos concellos. Así, en Carballedo traballaron na rehabilitación da cámara agraria e no remate da casa da cultura da Barrela; e acondicionaron zonas axardinadas e mobiliario urbano en varios espazos desta localidade e do núcleo de Castro.

Pola súa banda, en Chantada dedicáronse á construción dunha caseta para aseos no parque Eloísa Rivadulla e uns vestiarios na área deportiva de Lamas Carvajal. Tamén se ocuparon do mantemento de xardíns.

En canto ao módulo de atención sociosanitaria, o alumnado tivo a oportunidade de formarse no fogar residencial e centro de día da Barrela, no municipio de Carballedo. Ademais, este obradoiro inclúe incentivos para contratar aos 20 participantes en empresas da contorna para desenvolver funcións relacionadas coas especialidades aprendidas.