Skip to main content
Monforte

Volven en outubro as clases de baile do Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino de Monforte dá a coñecer os horarios das súas actividades, que comezarán o vindeiro 2 de outubro da man de Jaime Silva, profesional do baile que vén de Ourense.

Así, as persoas interesadas en aprender, perfeccionar ou simplemente pasar un bo rato bailando poderán apuntarse ás clases de latinos e kizomba que terán lugar todos os luns de 19.00 a 20.00 horas nunha clase de iniciación e de 20.00 a 21.00 horas nas clases de perfeccionamento.

Estas clases serán colectivas, pero tamén haberá posibilidade de clases particulares a concretar co profesor para mellorar o nivel ou adaptarse ao grupo e tamén se poderá asistir a unha clase de proba sen compromiso na que se probarán distintos tipos de baile: bachata, salsa, merengue, rueda casino, kizomba, semba, chachachá ou cumbia.