Skip to main content
Monforte

A Pladesapu denuncia o estado do tellado do hospital de Monforte

Por 11 Setembro, 2023Sin comentarios

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) de Monforte vén de amosar a súa indignación ante os últimos acontecementos sucedidos no Hospital Comarcal de Monforte.

Como de todos é sabido, “dende o venres estamos a sufrir as consecuencias das inclemencias  meteorolóxicas en forma dunha serie de tormentas bastante aparatosas. Sen embargo, estas consecuencias son máis serias cando nun hospital como é o noso, o mantemento das  instalacións non é o axeitado”, din.

Na madrugada do venres ao sábado, debido a tormenta e as malas condicións dun tellado que “leva anos pendente de ser arranxado, producíronse varias inundacións en diferentes partes do hospital (maternidade, hospital de día, laboratorio, plantas de hospitalización, etc.)  provocando a movilización de todo o personal que como puido e co que puido intentaban  evitar o aumento desas inundacións con sábanas, toallas, fregonas e todo o que atopaban para  que non afectase en moita medida aos pacientes ingresados e aos aparellos”.

Dentro das consecuencias máis graves estiveron o traslado de pacientes dunhas habitacións a outras, interrumpindo “o tan beneficioso descanso nocturno do resto de pacientes e incluso, a paralización do traballo de laboratorio para realizar as análises pertinentes coa demora dos  resultados solicitados”.

Como membros da plataforma, persoal e usuarios dos servicios deste hospital, “estamos indignados tanto coa dirección do Hospital como da EOXI da que supostamente dependemos,  polo pasotismo ante unha problemática que non vén de novo, senon que dende o que moitos  recordan, vén de hai moitos anos; xa que o tellado deste edificio leva pendente de arranxarse  moito tempo provocando que cada pouco, ante tormentas importantes volvan aparecer  inundacións en moitas das zonas deteriorando o mobiliario e provocando incomodidades aos  pacientes. O curioso é que estas inundacións tamén afectaron a zonas de recente modificación  como o servicio de laboratorio (xuño 2022)”.