Skip to main content
Monforte

Un curto realizado polos alumnos dos Escolapios de Monforte participou nun festival internacional

Por 15 Setembro, 2023Sin comentarios

O curto La chica de la ventana, realizado polos alumnos do Colexio Escolapios de Monforte gañou o 8º Festival Internacional Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais na categoría de 2º ciclo de ESO.

A lista de gañadores nas distintas categorías anunciouse onte a través das redes sociais deste prestixioso festival. E a gala de entrega de premios terá lugar o próximo 11 de novembro no teatro Lope de Vega, Gran Vía de Madrid.

O curto premiado foi titorizado polo profesor Javier Saco, nomeado aos Premios Educa Abanca, e xa resultou vencedor o pasado marzo da 2ª edición do certame Cineduca do Ateneo de Santiago.

La chica de la ventana é unha denuncia contra o racismo e a intolerancia, onde a creatividade preséntase como alternativa para dignificarse, potenciar a autoestima e fortalecerse ante o bullying. É tamén un tributo póstumo á profesora Beatriz Pérez.