Skip to main content
Monforte

A Por Todas convoca unha concentración no Hospital de Monforte para defender a profesión das enfermeiras

Por 20 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A Por Todas (APT), coa colaboración de sindicatos e algún dos colexios de enfermería de Galicia, convocan para o vindeiro martes día 26 de setembro unha concentración a nivel autonómico para protestar ante as direccións e xerencias pola mala xestión do persoal e para poñer en valor a profesión, “a pesar do constante maltrato o que é sometida por parte de administración”, sosteñen.

Esta concentración terá lugar en Monforte de Lemos ás 13.00 horas, concretamente na porta principal do Hospital, para protestar contra esta situación e co obxectivo de mellorar e dignificar as condicións laborais da enfermería galega.

APT un colectivo formado por enfermeiras de toda Galicia, que nace a raíz “do maltrato que a profesión leva a sufrir durante anos”, sosteñen desde o colectivo. “Os dereitos e as condicións laborais deste sector foron en detrimento dunha sanidade cada vez máis deshumanizada, na que tanto usuarios como traballadores son cifras que só contan para estatísticas”, sentencian.