Skip to main content
Pantón

Os veciños interesados en decorar a súa aldea en Nadal xa poden contactar con Segredos de Pantón

Por 25 Setembro, 2023Setembro 26th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Segredos de Pantón anuncian que este ano volverán repetir a a iniciativa de decorar algunha aldea de Pantón con elementos reciclados e feitos a man durante a época do nadal, como fixeron en 2022 e 2021.

Así, din que están a buscar que calquera asociación de veciños ou grupos de veciños dalgunha aldea de Pantón contacte con eles para procurar que decoren, xunto a eles, o seu lugar.

Grazas a esta iniciativa, as aldeas de Pantón poderán lucir motivos navideños e especiais para que os cidadáns poidan desfrutar dun nadal bonito e conxunto entre veciños de diferentes lugares da provincia de Lugo e, para iso, os veciños deberán poñerse en contacto con Lucas Vázquez no número 662 669 22.