Skip to main content
Quiroga

A Casa da Cultura de Quiroga acollerá unha xornada dedicada ás Mulleres Emprendedoras

Por 16 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A casa da cultura de Quiroga acolle o vindeiro venres 22 ás 10.00 horas unha xornada dedicada especialmente ás Mulleres Emprendedoras que debaterán sobre o desenvolvemento local e as medidas para adoptar así como, os investimentos necesarios para favorecer o crecemento económico, a creación de emprego e a fixación de poboación con diversas actuacións para afrontar o reto demográfico nesta comarca de O Courel.

O proxecto “O Courel destino e futuro vital” promovido por Noa Innova e o apoio do Miteco busca xerar unha dinámica entre os cidadán, empresas e administracións que favoreza os investimentos nos tres concellos- Folgoso -Quiroga -Ribas de Sil – para iso debateranse cuestións sobre o desenvolvemento turístico, a atracción de visitantes, a creación de novas empresas e de novos emprego