Skip to main content
Quiroga

As familias que o precisen xa poden solicitar o servizo de Madrugadores en Quiroga

Por 19 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O programa de Madrugadores de Quiroga xa está en marcha despois de que desde a área de Educación e Infancia do Concello ofertara 25 prazas para desenvolverse nas instalacións do ximnasio do colexio de Quiroga entre as 8.00 e as 9.45 horas. O servizo levarase a cabo todos os días lectivos.

O servizo vai dirixido exclusivamente a pais que traballen nese horario e que precisen atención para os seus fillos antes da entrada do colexio, xa que, como recalcou a Concelleira de Educación e Infancia, Mayte Pérez Grao, “o servizo nace da necesidade de conciliar a familia e o traballo”.

Unha monitora encargarase de realizar actividades lúdicas cos nenos que deberán acceder ao patio do centro educativo chamando ao timbre da porta pequena para que lles abra o conserxe.

Os pais interesados deben cubrir un formulario de solicitude de praza que estará dispoñible no CEIP de Quiroga e na páxina web do centro educativo e entregalo antes do 27 de setembro. Ao día seguinte sairá a lista definitiva de admitidos.