Skip to main content
Quiroga

Xa está aberto o prazo de inscrición para a IV edición do Qui-medo de Quiroga

Por 26 Setembro, 2023Setembro 27th, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na IV edición do Qui-Medo de Quiroga cos diferentes disfraces, como todos os anos, e permanecerá aberta ata o 26 de outubro, sendo de 10 euros ata o 30 de setembro, 3 euros máis entre o 30 de setembro e o 20 de outubro e entre o 21 e o 26 de outubro o prezo da inscrición é de 15 euros.

A IV edición deste terrorífico evento terá lugar o sábado 28 de outubro e aínda que non se coñece o recorrido desta ruta os organizadores xa anunciaron que novamente serán 8 as casas que formarán parte do recorrido.

A nova edición desta festa do Samaín promete un ano máis medo, terror, diversión.. e sobre todo un evento único, algo que xa comezou a vivirse o pasado ano cando se chegou ao milleiro de participantes. Este ano xa hai apuntadas 200 persoas.