Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil contará cunha mellor sinalización nas rúas do seu casco urbano

Por 25 Setembro, 2023Setembro 26th, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil está a mellorar a sinalización horizontal do casco urbano de San Clodio mediante as obras de reposición e pintado destes sinais, que estaban en mal estado e case non se vían.

Tras varios atrancos e retrasos administrativos, os pasos de cebra, os eixes, as frechas, as letras e as liñas de aparcadoiro estarán remarcados para a mellor circulación dos vehículos que transitan polas vías da vila.

Desde o Concello piden perdón aos veciños polas molestias ocasionadas no tráfico rodado, pero lembran que é un tempo necesario para conseguir ter unha vila mellor acondicionada para a convivencia de todos, peóns e vehículos.