Skip to main content
O Saviñao

Vilelos, no Saviñao, celebrará o 22 de setembro o seu Folión

Por 17 Setembro, 2023Setembro 19th, 2023Sin comentarios

O Folión das Fachas de Vilelos, no Saviñao, será o vindeiro o 22 de setembro do 2023. Este evento consiste nunha procesión nocturna da xente da parroquia ao Castro da Besta, con fachas feitas de abrótegas ou agucios secos recollidos durante o verán, e úsanse na véspera das festas de setembro para iluminar o camiño e festexar con elas acesas.

Non todas as fachas poden subir ao castro, pola súa lonxitude, polo que rematan por queimarse ao seu pé, en cacharelas conxuntas, onde se festexa con música e baile. Na actualidade está promovida pola Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos.

Esta asociación asistiu fai uns meses ao IV Encontro Nacional de Festas Tradicionais con Lume celebrado en Jarandilla de la Vera, Cáceres