Skip to main content
O Saviñao

A Deputación de Lugo está a mellorar a estrada LU-P-5807 que conecta Lamaquebrada con Montecelo

Por 27 Setembro, 2023Setembro 28th, 2023Sin comentarios

Comezaron os traballos para renovar o firme da estrada provincial LU-P-5807, que conecta os núcleos de Lamaquebrada con Montecelo, no Concello do Saviñao, por parte da Deputación de Lugo, que investiu 60.500 euros.

O proxecto, adxudicado á empresa Fevisa Vías y Obras, consiste na reapertura de cunetas, limpando a maleza e sacando a terra necesaria, afectando ao totalidade da vía, con 6,4 quilómetros de lonxitude. Despois, vanse eliminar os danos que presente a estrada polo paso do tempo e o uso, como poden ser blandóns ou gretas, e logo procederase a repavimentar a estrada.

A Deputación mellora así a seguridade viaria e a comodidade dos veciños e veciñas que transitan a diario por esta estrada que conecta lugares como Fión, Rosende, Outeiro, Montecelo, Vilaravides, O Cerdeiro ou A Vendanova, ademais de dar acceso a adegas e puntos de interese turístico, como o Miradoiro Cabo do Mundo ou o Ecomuseo Pazo de Arxeriz.

Con esta actuación, a institución provincial suma máis 600.000 euros de investimento desde o ano 2019 nas diferentes estradas do Saviñao. En concreto, seis estradas nestes anos: a LU-P-4202, que vai de Pacios a Currelos, pasando por Aldosende, entre os puntos quilométricos 17,2 e 21,9 e cun investimento de 96.800 euros; o firme da LU-P- 4112, que une Reguengo con Lamaquebrada con 26.600 euros; a LU-P-5811, dende O Torno a Gorgoz con 175.450 euros nos primeiros 4 quilómetros; a LU-P-5804, dende Rebordondiego a Morgade pasando por Aiaz entre os quilómetros 3,9 e 10,9, e a LU-P-5801 dende a igrexa da Cova nos primeiros 3 quilómetros cun investimento que superou os 260.000 euros.

Este verán tamén iniciou os traballos de mellora da estrada entre Porto e Córneas, a LU-P- 5802, unhas obras de mellora do treito que vai do quilómetro 6,485 ao 8,025, nos que a institución inviste preto de 70.000 euros.