Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O II Memorial Carlos Alberto enfrontará á SD Sarriana co CD Lugo B Polvorín

Por 1 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A SD Sarriana, xunto co Concello de Sarria, organiza esta fin de semana, en concreto o sábado, o II Memorial Carlos Alberto, un histórico futbolista e directivo do equipo da SD Sarriana que morreu de cancro.

O evento, que se celebrará no estadio da Ribela, acollerá o enfrontamento da SD Sarriana contra o CD Lugo B Polvorín partir das 18.00 horas e a entrada será de dous euros para todas as persoas interesadas en asistir, xa que os cartos que se recaden neste encontro destinaranse integramente á Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Lugo.

Esta iniciativa promovida por segunda vez ten como obxectivo concienciar ás persoas sobre o cancro e, en concreto, sobre o caso de Carlos Alberto Díaz, a quen se lle homenaxeará nun encontro futbolístico, deporte ao que dedicou toda a súa vida.