Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A SD Sarriana gañou o II Memorial Carlos Alberto contra o CD Lugo B Polvorín

O II Memorial Carlos Alberto reuniu no estadio A Ribela a centos de persoas no encontro que se disputou entre a SD Sarriana e o CD Lugo B e no que “se veu o potencial que este ano ten o equipo da Sarriana despois da chegada de novas fichaxes”, sosteñen desde o equipo sarriao.

Así, os integrantes do equipo da SD Sarriana gañaron ao CD Lugo B Polvorón no II Memorial Carlos Alberto, un evento que honra a un histórico futbolista e directivo do equipo da SD Sarriana que morreu de cancro.

Ademais, as persoas que acudiron ao partido tiveron que pagar dous euros de entrada que foron recadados para destinarse integramente á Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Lugo.

Esta iniciativa promovida por segunda vez ten como obxectivo concienciar ás persoas sobre o cancro e, en concreto, sobre o caso de Carlos Alberto Díaz, a quen se lle homenaxeará nun encontro futbolístico, deporte ao que dedicou toda a súa vida.