Skip to main content
O Incio

Comeza o Festival Tremeterra do Incio

Por 1 Setembro, 2023Setembro 2nd, 2023Sin comentarios

A segunda edición do Festival Tremeterra do Incio celébrase esta fin de semana, un encontro da cultura Soundsystem que se celebra con acceso gratuíto na contorna do Encoro de Vilasouto, concretamente na localidade de Eirexalba.

Ten como obxectivo impactar no eido local, tratando de crear unha alternativa de ocio para a xente da zona, dinamizando a contorna e facéndoa máis atractiva e activa ás novas xeracións.

Programa

O venres, 1 de setembro, comezará a xornada co concerto de Submission, de 17.30 a 19.30 horas, seguido de Simma Dub, de 19.30 a 21.00 horas, momento no que comezará Didubz, que rematará ás 22.30 horas para dar paso a Vibronics ft Marina P ata as 00.30 horas.  Xa de madrugada, será a quenda de Pintega vs Bassdealer, que amenizarán a noite ata as 02.30 horas, pero non será o último concerto, xa que nese momento, entrará no panorama musical Dub mono HiFi, que manterán o ritmo ata as 04.30 horas.

Pola súa parte, o sábado 2 de setembro pola mañá haberá dous talleres, un ás 12.00 e outro ás 13.00 horas, e unha mesa aberta. E pola tarde comezará de novo a música, con La Madriguera, de 15.30 a 18.00 horas. A partir das 18.00 e ata as 20.00 horas será a quenda de North Patrol ft Tenor Mario & Black Galic, quen dará paso á actuación de Alpha Steppa ft Sista Awa, ata ás 21.30 horas. Os últimos grupos en actuar neste festival serán Baku x Kodama, de 21.30 a 23.30 horas; High Nebra ft Indra Mc, de 23.30 a 01.30 horas; e Subtroopers, que non pecharán a noite no Incio ata as 06.00 horas do domingo 3 de setembro.