Skip to main content
O Incio

O goberno local do Incio deu a coñecer os festivos locais do ano 2024

O goberno local do Incio deu a coñecer no pleno os festivos locais do vindeiro ano 2024 para que os veciños e veciñas saiban cando terán días de descanso no municipio do Incio.

Así, o alcalde, Héctor Corujo, informou de que o martes de Carnaval e o día de San Eufrasio, o 15 de maio, serán os festivos locais no Concello do Incio.

Por outra parte, no pleno aprobouse por unanimidade entre os diferentes partidos do Concello apoiar a Anpa do Ceip Ricardo Gasset e mandar unha proposta da Alcaldía á Xunta de Galicia para promover que se leve a cabo un plan específico para colexios rurais, como o do Incio.