Skip to main content
O Incio

Coidados porta a porta chega ao Incio a vindeira semana

Por 10 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio acollerá os vindeiros 12, 13 e 14 de setembro o programa da Xunta ‘Coidados Porta a Porta’. Estará situado na sala multiusos na antiga nave gandeira de 9.00 a 20.00 horas.

Unha unidade móbil desprazarase á localidade e instalarase na antiga nave gandeira para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.

Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 ou 623546992 e por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.