O alumnado do obradoiro dual de emprego que acollen os concellos de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón, levou a cabo traballos de mellora e tarefas de acondicionamento na rotonda da avenida de Santiago de Rubián.
Esta infraestrutura situada no Concello de Bóveda foi mellorada ornamentalmente con vexetación así como con decoración de pedras brancas para que así loza “máis fermosa”, dixeron.
