Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio acollerá un curso de prevención de riscos laborais

Por 15 Setembro, 2023Setembro 16th, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio acollerá un curso de prevención de riscos laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar.

Este taller será no local de usos múltiples e impartirase de xeito presencial o 23 e 30 de setembro e o 7 e 21 de outubro en horario de 16.00 a 20.00 horas ata completar as 16 horas lectivas.

O curso ten un límite de 15 prazas polo que as persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude antes do 19 de setembro a través do correo dirección@gplus.es.

O obxectivo deste curso é proporcionar unha formación de prevención dos riscos laborais para adquirir habilidades e unha cultura preventiva.