Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio oferta aulas de música e baile tradicional para nenos e adultos

Por 16 Setembro, 2023Setembro 17th, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio oferta aulas de música e baile tradicional para nenos e adultos. As de música serán os sábados a partir das 16.15 con gaita e percusión de 7 anos, ás 17.15 música e movemento, ás 18.00 horas con gaita e percusión de adultos, e ás 19.30 horas acordeón para maiores de 8 anos e adultos.

Tamén os sábado a partir das 17.00 horas serán as clases de baile de adultos e ás 18.00 horas as de nenos de 3 a 12 anos.

As matrículas poden formalizarse ata o 1 de outubro e as clases darán comezo o día 7 de outubro. O prezo por actividade é de 10 euros ao mes.

Estas actividades estarán impartidas por Daniel Fernández López, profesional da música que posúe o Grao Profesional na especialidade de Gaita e o Grao Superior na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular. Tamén impartirá clases Yolanda Álvarez Castro, formada dende os 3 anos nun amplo abano de estilos de baile, combinando a aprendizaxe en escolas privadas co conservatorio de danza.