Skip to main content
O Incio

Abraham Cupeiro marcou a presentación da Guía do Románico da Ribeira Sacra-Courel no Incio

Por 18 Setembro, 2023Setembro 19th, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana presentousea a Guía do Románico da Ribeira Sacra-Courel na igrexa de Hospital do Incio nun evento na que os asistentes, ademais de coñecer as características desta guía, puideron desfrutar da música de Abraham Cupeiro e da degustación dalgúns produtos locais do Destino Courel.

O acto, que tivo lugar ás 18.30 horas, estivo marcado pola cantidade de persoas que acudiron á igrexa a participar deste evento cultural, musical e gastronómico que puxo en valor o patrimonio da Ribeira Sacra e do Courel.

Pola súa parte, os asistentes quedaron satisfeitos coa iniciativa, remarcando que a música de Abraham Cupeiro ten unha “acústica inmellorable” dentro da igrexa, que estivo acompañada dunha contorna “marabillosa e bucólica”.