Skip to main content
O Incio

Patricia Rivas estará esta tarde no Incio falando do seu libro ‘La carta que nunca leerás’

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

Esta tarde, o local sociocultural do Incio acollerá a partir das 18.30 e ata as 20.00 horas unha charla-coloquio con Patricia Rivas, a autora do libro ‘La carta que nunca leerás’ no marco das actividades organizadas pola Furgoteca da Xunta de Galicia.

Baixo o programa ‘Te lo prometo; me lo prometo’ Escribir pode ser a solución, as persoas interesadas en participar desta charla poderán facelo para coñecer a experiencia persoal desta autora emerxente, que se adentrou no mundo da autopublicación.

No libro de Patricia Rivas, a autora reflexiona sobre o primeiro amor, as redes sociais, a autoestima, o respecto e o cariño, e moitos máis asuntos dos que se poderán falar durante esta iniciativa.