Skip to main content
Paradela

O Ceip de Paradela acolleu a visita do campión de taekwondo Álex Camba

Por 19 Setembro, 2023Setembro 20th, 2023Sin comentarios

O campión de Taekwondo, Álex Camba, visitou aos nenos e nenas do colexio de Paradela co fin de facerlles partícipes dun deporte que está en auxe na comarca de Sarria despois de que o profesional montara o seu club de taekwondo na capital sarriá.

Así, os nenos e nenas paradelenses puideron desfrutar dunha xornada de deporte, saúde e diversión da man dun rapaz novo e con ilusión, que lles ensinou os movementos básicos deste deporte nunha clase de iniciación.

Desde o colexio quixeron agradecer a Álex Camba a súa mostra de cariño e paciencia con eles, así como lle deron as grazas por achegarse a fomentar o deporte entre os máis novos.