Skip to main content
O Páramo

Melloras en diversos aspectos do Concello do Páramo antes de comezar o curso lectivo

Por 7 Setembro, 2023Outubro 25th, 2023Sin comentarios

O Concello do Páramo está a levar a cabo diferentes actuacións para melloras as rúas, estradas e, en xeral, o acondicionamento do municipio para fomentar actuacións que axuden aos veciños e veciñas do Concello.

Así, estase a levar a cabo unha obra para suxeitar contedores, outra para mellorar o servizo de abastecemento das augas, outra para mellorar o polideportivo e dotar de novo material deportivo á veciñanza, estase reparando a vivenda en Moscán e estase a mellorar a pista que conecta Santandrea con San Mamede.

Con respecto a outras actuacións, o alcalde do Páramo, Jose Luis López, anunciou que o vindeiro 1 de outubro comezará o servizo de madrugadores no colexio para as persoas que o precisen, e o horario será de 07.45 horas a 09.15 horas.