Skip to main content
O Páramo

A película ‘Os demos de barro’ será proxectada no Páramo para os máis pequenos

Por 6 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O Concello do Páramo acolle unha sesión de cine infantil este venres, 8 de setembro, na que os nenos e nenas do municipio poderán desfrutar do filme ‘Os demos de barro’.

Este evento, que terá lugar no salón do Concello ás 17.00 horas, encádrase no marco da iniciativa Cine na Rúa promovida pola Deputación de Lugo.

‘Os demos de barro’ xa foi proxectada noutros concellos do arredor do Páramo, na comarca de Sarria, como en Láncara e no Incio e agora esta chega ao Páramo.