Skip to main content
O Páramo

O mércores o servizo Acelera Peme estará no Páramo

Por 19 Setembro, 2023Setembro 20th, 2023Sin comentarios

A Oficina Móbil do programa Acelera Peme, promovido pola Deputación de Lugo, estára no Páramo o vindeiro mércores, 20 de setembro, na praza do Concello ás 12.30 horas.

As persoas interesadas neste recurso, concretamente os autónomos e propietarios dunha pequena empresa  que precisan impulsar a dixitalización do seu negocio, serán os máis axeitados para pasar pola Oficina Móbil Acelera Peme.

Nesa oficina, os achegados contarán con asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada.

Ademais, ofrecen servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa; apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, consultoría en marketing dixital e apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.