Skip to main content
O Páramo

O estadio das Rapadas acollerá o enfrontamento do SD O Páramo contra a SD Sarriana B este sábado

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 23 de setembro, terá lugar a primeira xornada do fútbol do grupo sur da categoría Terceira Galicia no campo de fútbol das Rapadas, no Páramo, onde se enfrontará o equipo local á SD Sarriana B.

O encontro, que terá lugar ás 17.00 horas, enfrontará a dous equipos da comarca sarriá, o que marcará os ánimos da afección asistente, á que animan a participar ámbolos dous equipos deportivos.

Pola parte do club do Páramo, anunciaron, ademais, unha nova renovación coa que contarán no partido. Trátase de Iván López Serrano, máis coñecido como Chivas; un central co que seguirán contando para sumar novos éxitos esta tempada.

Por outra banda, o equipo da Sarriana da 3ª RFEF disputará o domingo 24 de setembro contra o UD Barbadás no campo dos Carrís, para o que xa se habilitou un servizo de transporte de autobuses.