Skip to main content
O Páramo

Volven os ‘Espazos das familias’ os martes ao Páramo da man da Asociación Antonio Gandoy

Por 22 Setembro, 2023Outubro 25th, 2023Sin comentarios

A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy pon en marcha os ‘Espazos das Familias’, unha actividade que ten como obxectivo principal que as familias conten cun lugar e un tempo onde compartir, debater e reflexionar sobre a marabillosa experiencia da crianza dos nenos e nenas en colaboración co Concello do Páramo.

O obxectivo é que as familias coñezan cales son as actividades máis axeitadas para acadar o mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas tendo en conta a súa idade, tamén que as nenas e nenos podan atoparse con outros das mesmas ou parecidas idades e con diferentes adultos.

Esta actividade está dirixida a pais e nais de alumnado da Escola Infantil do Páramo, pero tamén poden acudir pais e nais que non teñan aos seus fillos nela, xa que é un espazo de Formación de Pais.

Así, estas actividades terán lugar os martes lectivos ás 11.00 horas no edificio do Concello de O Páramo para compartir dúbidas e experiencias coas demais familias, facendo actividades axeitadas a cada idade e respectando as medidas de seguridade e hixiene que a situación sanitaria requiraen cada momento.

Asociación Antonio Gandoy

A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy é unha entidade sen ánimo de lucro que, conformada por extraballadoras da extinguida Fundación Preescolar na Casa, ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade á tarefa socioeducativa desenvolvida por Preescolar na Casa.

Ofrece ás familias con nenas e nenos de cero a seis anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e cunha profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan dúbidas.