Skip to main content
O Páramo

Os gandeiros do Páramo poderán desfacerse dos seus plásticos agrícolas durante dous días

Por 24 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

Unha nova iniciativa para a recollida de plásticos agrícolas terá lugar entre o 25 e o 26 de setembro no Concello do Páramo, onde os gandeiros que o necesiten, poderán desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións.

Os lugares onde os gandeiros poderán depositar os seus plásticos son no antigo vertedoiro municipal, no SAT A Penela (Grallás,), na SAT Ladeira (San Vicente) e nas instalacións Rodriz Freire S.L.

Para poder deixar estes plásticos, deberán ser de silo ou invernadoiro, deberán estar atados en fardos, non se poderán levar restos de herba, leña ou outra cousa e non se poderán depositar rodas nin garrafas de plásticos.