Skip to main content
Samos

Varios técnicos estudan a posibilidade de amañar as deficiencias do pavillón do CEIP de Samos

Por 17 Setembro, 2023Setembro 18th, 2023Sin comentarios

Durante estos días, a alcaldesa de Samos, Chus López, acompañada de concelleiros, docentes do CEIP de Samos e membros do equipo de fútbol, visitaron o pavillón do colexio.

Nestas visitas, nas que tamén colaboraron arquitectos, estudaron a posibilidade de amañar as deficiencias do pavillón do colexio, así como escoitar e recoller as necesidades e melloras que se poidan levar a cabo.

O pavillón do CEIP Samos leva en pé case 40 anos desde a inauguración do centro en 1983.