Skip to main content
Samos

O Samos FS e o PM Friol FS B enfróntanse este domingo na primeira xornada da Primeira Autonómica

Por 29 Setembro, 2023Sin comentarios

Este domingo, o Samos Fútbol Sala compite na casa contra o P.M. Friol FS B na primeira xornada do grupo 2 da categoría Primeira Autonómica F.S. no pavillón municipal de Samos.

Así, ás 12.00 horas do primeiro de outubro, enfrontaranse dous equipos deportivos con ganas de conseguir a victoria. Por unha parte, o Samos F.S., cuxo equipo intentará que quede o triunfo na casa, e os de Friol, que loitarán por levalo á Terra Chá.

Ámbolos dous equipos esperan ver á súa afección animándoos, pero espérase máis por parte dos de Samos, que ao xogar na casa permiten que os afeccionados non se teñan que desprazar moito.