Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O VII Aberto das Noces de Castroverde viu nacer un novo equipo de billarda

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

Por Daniel Rodríguez Saavedra.

Co VII Aberto das Noces, organizado polo equipo de Billarda Verde no campo da Veiga do Olmo de Castroverde, arrincaba unha nova tempada de billarda da conferencias NorLeste.

Foi un día extraordinario para a práctica deportiva que xuntou un total de setenta palanadores de oito equipos diferentes (48 homes, 16 donas e 6 cativos).

Presenteouse un novo equipo, Billarda Rio Miño composto por vellos coñecidos e compañeiros que voltan a que sempre foi sua casa pola porta grande,con outro nome, mais ca misma forza e gañas de sempre. Bo papel por equipos e, Cortón “o zorro plateado” fíxose co primeiro posto cun pleno de 25 puntos.

O segundo e terceiro caixón foron pa Charli de Carabullo con 23 puntos e para David Navallo de Troitas Bravas con 22, si ben este tivo que desfacerse de Basiliio de Billardeiros Musicais nun reñido desempate.

Por equipos, o primeiro golpe dano os Billardeiros Musicais de Ribadeo por diante de Troitas Bravas da Pontenova e Madia Leva de Lugo.

Os mariñáns ca volta de Markytos, son de novo serios aspirantes o título e contan cun  equipo femenino moi forte, non estivo Aroa, mais Dori e Geni coparon o podio seguidas da infantil Alba de Troitas Bravas.

En infantís, non cambia o conto; Madía Leva ten a dous fenómenos que dan sempre a de cal, Diego e Mateu, Mateu e Diego, que tanto monta…, o terceiro posto foi para Alba.

Seixas, do equipo anfitrión, fixo entrega dos artesanais trofeos e dun saco de noces aos gañadores.

A seguinte xornada xa o vindeiro domingo 22 de setembro na Pontenova.

Clasificación

Individual:

Corton   (Billarda Rio Miño) 25 p.

Charli    (Carabullo) 23 P.

Basilio e D. Navallo  (Bllardeiros

Musicais e Troitas Bravas) 22 p.

Donas:

Dori (Bill. Musicais) 17 p.

Geni   (Bill. Musicais) 13 p.

Alba (Troitas Bravas) 12 p.

Equipos:

Billardeiros Musicais (Ribadeo) 82 p.

Troitas Bravas (A Pontenova) 80 p.

Madia Leva  (Lugo) 75 p.

Infantís:

Diego 18 p.

Mateu 18 p.

Alba (Troitas Bravas) 12 p.