Skip to main content
Begonte

Comezan hoxe as festas de Baamonde cun concerto de La Penúltima Sabinera

Por 8 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

Arrancan hoxe, venres, as festas de Baamonde, en begonte, na honra á Virxe do Rosario e farano cunha churrascada popular gratuíta que dará comezo ás 21.00 horas.

A Penúltima Sabinera chega á praza de Baamonde esta noite para o seu tributo a Joaquín Sabina. O concerto será ás 23.00 horas.

Trátase dunha actuación de balde que terá lugar aproveitando a celebración das Festas do Rosario.

Finalizará a noite cunha verbena a cargo do trío Los Adrianos.

O sábado continuarán as celebracións coa tradicional misa solemne, ás 13.00 horas, para deixar paso á sesión vermú co grupo Carpe Diem. Este tamén será o encargado da verbena xunto a La Bamba.

O domingo haberá oficio relixioso á mesma hora e rematarán as festas cunha sesión vermú a cargo de Kalima 3.0.