Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O BNG di que o Concello de Outeiro de Rei aprobou uns orzamentos que agochan a débeda

Por 13 Setembro, 2023Sin comentarios

A pasada semana aprobáronse os orzamentos do concello de Outeiro para o ano 2023, “aprobación que se deu con 10 meses de retraso, pois segundo a lei teríanse que ter aprobado antes do 31 de decembro do ano pasado. Esta cuestión xa de por si é suficientemente grave, pois non hai absolutamente ningún motivo para que sito ocorra, máis aló da incompetencia política do alcalde e do seu equipo”, subliña o BNG de Outeiro de Rei.

Así mesmo, engaden que os orzamentos que presentou o alcalde e que aprobou o PP son unha vez máis “completamente enganosos, pois seguen a contemplar tanto nos ingresos como nos gastos unha partida de 1.500.000 euros para a urbanización da Palloza, partida que se vén incluíndo dende hai moitos anos e que aínda nunca se gastou nin un céntimo”.

Tampouco se contemplan nos orzamentos os máis de 300.000 euros en facturas “que non se pagaron no ano 2022 por falta de cartos e que terán que ser cubertas con fondos do ano 2023, partidas que tampouco están neste proxecto”.

Tampouco se fala en ningún momento da indemnización que haberá que pagarlle á empresa Asogal polas “cacicadas” do Concello na urbanización de Triaqua, “a cal xa ten sentenza firme tendo xa solicitada a súa execución. A cantidade solicitada pola empresa é de 1.200.000 € e antes ou despois terase que abordar a negociación para a súa redución dentro do posible, así como decidir como se vai pagar”.

“Este orzamentos do ano 2023 son totalmente conservadores, non prevendo ningún tipo de investimento, propio ou a través de suvencións, para os principais problemas ou deficiencias que ten o concello: A ausencia de saneamento na maioría das parroquias do concello, a calidade da auga en canto chove un pouco ou na falta de empresas do polígono industrial, o cal está baleiro nun 70% a pesares de ser un dos mellores situados de toda a provincia de Lugo”, explican.

Uns orzamento que agocha a débeda existente no concello

“A débeda existente, un dos principais problemas que atenazan ao concello neste momento, tanpouco se aborda nestes orzamentos, débeda na súa maioría debida a problemas de liquidez e de xestión e non de investimento”, din.

Afirman que con este plan do alcalde, esta débeda non só non se reduce, senón que seguirá a aumentar nos próximos anos “debido a que non se toma ningunha medida ao respecto”.

O BNG expón a débeda do Concello no seguinte cadro: