Skip to main content
MonterrosoOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Concedéronse 35 condecoracións a entidades e persoas vinculadas ós cárceres de Monterroso e Bonxe

Por 23 Setembro, 2023Sin comentarios

Isabel Rodríguez agradece o labor dos funcionarios dos Centros de Monterroso e Bonxe na reinserción das persoas internas.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu onte os actos organizados con motivo da celebración do Día da Merced, patroa das Institucións Penitenciarías, na que se fixeron entrega de recoñecementos a 35 traballadores da provincia. A subdelegada salientou que os centros “teñen a sorte de contar cun persoal con vocación e compromiso co labor tan importante que están a realizar na nosa sociedade”.

No acto, que contou coa participación dos alcaldes de Lugo, Monterroso e Outeiro de Rei, así como os directores do Centros Penitenciarios de Bonxe e Monterroso, a subdelegada resaltou o traballo diario dos funcionarios de prisións para que as persoas internas “teñan habilidades e oportunidades para saír adiante”.

“A vosa misión integradora con eles é admirable, así como o esforzo que realizades para inculcarlles valores de respecto e esforzo que se ve recompensado” recoñeceu Isabel Rodríguez.

Así mesmo, a subdelegada aproveitou o acto para por en valor a colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, “que xuntos garanten a integridade de todos os lucenses”.

Condecoracións

Durante a celebración fixéronse entrega de varias condecoracións que recoñecen o traballo ao persoal dos Centros de Bonxe e Monterroso e colectivos. En concreto, entregáronse 34 das 35 condecoracións totais.

Este ano foron condecorados coa Medalla de Plata ao Mérito Penitenciario o administrador do Centro Penitenciario de Monterroso, José Antonio Rodríguez; o administrador do Centro Penitenciario de Bonxe, Miguel Ángel Blanco, e os funcionarios Mónica Rodríguez e José Antonio Hermida, pola conduta mantida con motivo da violencia terrorista como membro do persoal do Centro de San Sebastián no 2007.

A Medalla de Bronce ao Mérito Penitenciario foi recibida por Carlos Carmiña e José Luis Sánchez. Este ano foron galardoados coas Medallas de Bronce ao Mérito Social Penitenciario o Club Fluvial de Lugo; o técnico de mantemento da Empresa CLECE, Javier Neira, e o integrante da Unidade Cinolóxica da Garda Civil, Luis Ferro. Do mesmo modo, outorgáronse 8 das 9 mencións honoríficas a varios funcionarios, nos que se atopan un xefe de servizos, un xefe de área mixta e un encargado. Outro mérito recoñecido foron os 25 anos de servizo dos traballadores, entregándose a 9. Para rematar a cerimonia, déuselles a algunhas autoridades a figura dunha menina conmemorativa.