Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O Goberno de Outeiro de Rei rexeita a bonificación de paneis solares e as axudas pola turbidez da auga

Por 29 Setembro, 2023Setembro 30th, 2023Sin comentarios

Este xoves, 28 de setembro, celebrouse Pleno Ordinario no concello de Outeiro, no cal se discutiron asuntos relevantes para a veciñanza do concello, como foi a solicitude do BNG de dotar de equipos de filtrado de auga cando esta non é apta para a súa utilización ou, mesmamente, a bonificación no IBI para as vivendas que instalen paneis solares fotovoltaico de autoconsumo.

“Dende sempre, en canto caen catro gotas, a auga da traída municipal non é apta para a súa utilización nos fogares, dada a súa turbidez”, explicaron os nacionlistas.

“Hai que ter en conta que as taxas de enganche deste servizo en Outeiro ascenden a máis de 1.200 euros, ademais de ter uns prezos relativamente altos. Neste caso, as veciñas e veciños están a pagar uns cartos por un servizo que non se está a prestar. É unha fraude á veciñanza”, manifestou no Pleno a representación do BNG.

Na proposta pedíase que mentres durase esta situación debida á incapacidade do concello, se subministrasen ás vivendas equipos de filtrado para que nestas épocas de turbidez da auga, esta se poida utilizar para consumo. Esta medida sería simplemente paliativa e temporal, durando simplemente ata que sexan capaces de solucionar o problema. “Creemos que é de xustiza mentres dure esta incapacidade do equipo de Goberno”, remataron dicindo dende o BNG.

Dende a Alcaldía rexeitaron a proposta argumentando que a planta potabilizadora non se dera actualizado ao ritmo de crecemento da poboación do concello. “Isto é algo totalmente falso, pois a poboación de Outeiro medrou en pouco máis de 100 habitantes nos últimos 8 anos e, mentres tanto, lévense gastado varios centos de miles de euros na potabilizadora e á calidad e da auga é peor que nunca. É unha simple cuestión de capacidade. Se non saben, que pregunten ou que miren nos Concellos do carón, que non teñen este problema”, remataron diciendo no BNG.

Bonificación da instalación de paneis solares de autoconsumo

Dende o BNG tamén se propuxo que para o próximo año se bonificase no IBI o 50% cando se instalen paneis solares fotovoltaicos de autoconsumo, ao igual que existen na maioría de concellos da nosa contorna.

“Para o BNG isto é fundamental se queremos axudar realmente reducir a nosa pegada medioambiental e avanzar na loita contra o cambio climático. Se realmente queremos un concello “verde”, resulta imprescindible dotarnos deste tipo de medidas. A Outeiro veñen de darlle a bandeira verde. Se non queremos que iso sexa un simple paripé, non sería xustificable que non se contemplaran este tipo de medidas”, manifestaron no BNG cando defenderon a moción.

O alcalde rexeitou implantar esta bonificación, “facendo que Outeiro se converta nun dos poucos concellos da comarca que non vai ter exencións deste tipo, cuestión que dende o BNG lamentamos profundamente”.