Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei abre o prazo para as súas actividades de outono e inverno

Por 30 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei abre o luns o prazo de inscrición para as actividades da tempada 2023- 2024. Estas actividades estarán divididas en varios bloques, as culturais, deportivas, da OMIX, de Promoción da Muller e para maiores, seguindo a dinámica de edicións anteriores. No apartado de cultura e lecer ofértanse actividades de inglés, obradoiros, escola de maxia, robótica, teatro, bailes de salón (iniciación e perfeccionamento), viaxes, costura básica e creativa, manualidades, viaxe á fervenza de Ézaro e restauración de mobles.

Dentro da oficina de información xuvenil a oferta contén ximnasia rítmica, obradoiro de sexualidade, meconografía, escola de música (de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol) e pádel.

No capítulo do deporte haberá fútbol sala, balonmán, taekwondo, ximnasia na auga, natación de adultos e infantil, baloncesto, tenis, tiro con arco, patinaxe, pilates, ioga, BTT, rutas de sendeirismo, escola de motociclismo, curso de conducción de motociclismo e entrenamentos libres kart/moto en circuíto, entre outros. Finalmente, no apartado de promoción da muller haberá diferentes formacións con obradoiros para facer escabeche, arte floral, tecer fibra e produtos de limpeza ou mesmo taichi e control do estrés. Non faltará a celebración do día Internacional da Muller traballadora (8 de marzo) e o convocado contra a violencia de xénero (25 de novembro).

Así mesmo, están previstas outras celebracións fesivas como a de Reis, Entroido e dos Nenos.

Para os maiores tamén haberá un grupo de actividades entre as que figuran ximnasia, obradoiros de risoterpia, memoria e coidado e excursións, á Feira de Bonito de Burela e á Feira de Mostras de Vegadeo.

Por ser o número de prazas limitado estas cubriranse por rigoroso orde de inscrición, tendo sempre preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra. O prazo remata o 13 de outubro.

Ábrese tamén un apartado para os maiores, que terán as súas propias actividades con ximnasia para maiores, cursos de uso de smartphone, e excursións, como a Festa dos Maios e o taller de memoria.

As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán cotas a maiores da establecida: curso de 2 meses, 10 euros, cursos de 3 a 4 meses, 20 euros e de 5 meses en diante, 30 euros.