Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

A Xunta entrega este luns os títulos da concentración parcelaria de San Estevo de Pol

Por 10 Setembro, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia entregará este luns 11 os títulos da concentración parcelaria de San Estevo de Pol, no concello do mesmo nome, un acto que terá lugar no local de reunións de Santo Estevo.

O acto terá lugar a partir das 10.30 horas e o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias permanecerá no local ata as 13.00 horas.

As persoas propietarias deberán presentar o seu DNI e as autorizadas deberán levar copia do DNI do propietario xunto a una autorización asinada.

Así mesmo, os herdeiros deberán acreditar o falecemento do propietario.

Esta reorganización territorial afectou a a unha superficie de 354 hectáreas distribuídas en 151 predios de substitución pertencentes a 89 propietarios, resultantes de reestruturar as 511 parcelas iniciais. Esta mellora permítelle ás explotacións da zona reducir os seus custos de produción.