Skip to main content
As Pontes

As Pontes prepara as subvencións para as entidades deportivas

Por 7 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes destinará 520.000 euros ás subvencións dirixidas ás entidades deportivas do municipio durante o ano 2023.

A través destas achegas, o Concello das Pontes quer dar apoio ás entidades deportivas e contribuír a que consigan os obxectivos que lles son propios así como fomentar a participación da cidadanía, impulsando a democratización da sociedade.

As entidades solicitantes poderán cubrir os gastos que xere o desenvolvemento das actividades das entidades deportivas solicitantes ou a súa participación nas diferentes competicións,s para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade deportiva, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días, contados a partir do día 7 de setembro.

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP número 163, del 28 de agosto 2023 , na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes