Skip to main content
As Pontes

O Concello das Pontes mellora os camiños municipais en Tras do Río

Por 13 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza, coa licitación da mellora dos camiños municipais en Tras do Río.

O proxecto, cun orzamento de 29.763,58 euros con cargo ao Agader 2022-2023, pemitirá dotar aos viarios dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, para garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico e das persoas viandantes.

Así procederase á mellora e substitución da actual capa de rodadura por aglomerado, actuación que inclúe o varrido de superficie e limpeza de marxes, a limpeza das cunetas e a eliminación de vexetación que invada o vial. Ademais repararanse as fochancas e zonas afundidas.

O afirmado realizarase mediante a extensión dunha nova capa de rodadura de formigón bituminoso. Os traballos rematarán co pintado das liñas de borde e a reposición da sinalización horizontal e vertical.