Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle este sábado a VII Ruta Turística

Por 14 Setembro, 2023Sin comentarios

A escudería Automóvil Club As Pontes organizan a VII Ruta Turística Vila de As Pontes este sábado 16 de setembro. Esta é unha proba de carácter non deportivo xa consolidada ano tras ano tanto no Concello de As Pontes como a nivel Ferrolterra e que é puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra.

Tamén será a cuarta proba do campeonato 2023 que discorrerá por distintas carreteras do Concello de As Pontes.

Neste tipo de probas poden participar tanto coches clásicos (máis de 25 anos o día da proba) como coches máis actuais.

O prezo da inscripción é de 60 euros para piloto e copiloto con dereito a cea fin de ruta, e de 35 euros se non se queda a cea. Tamén hai a posibilidade de que acudan acompañantes a cea que teñen un custo de 25 euros e deberanse anotar na folla de inscripción xunto co piloto e copiloto.

Farase entrega de dorsais e demais documentación na Cervexería O Colador a partir das 15:00 situado na Avenida da Coruña 37 e a saída do primeiro participante será as 16:00.

A saída e máis o parque pechado estarán situados no patio do colexio Santa María situado na Rúa Alexandre Bóveda.

Unha vez completada a ruta no restaurante Pena da Revolta reuniranse na cea a partir das 22:30 e posteriormente será a entrega de premios.

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados así como para o primeiro equipo femenino (que non estea entre os tres primeiros clasificados), primeiro equipo con vehículo histórico (máis de 30 anos , que non estea entre os tres primeiros clasificados ) e para o primeiro equipo das Pontes (que os dous componentes do equipo sexan das Pontes e que non estea entre os tres primeiros clasificados).