Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle dúas formacións do proxecto de voluntariado interxeracional

Por 20 Setembro, 2023Sin comentarios

O pasado mes de xuño, o Concello das Pontes puxo en marcha un programa de voluntariado de talento interxeneracional que ten como obxectivo de crear espazos de convivencia que permitan a aprendizaxe bidireccional entre as persoas maiores de 55 anos e as persoas da vila menores de 35 anos.

A través desta iniciativa, posta en marcha polo departamento de Benestar Social, búscase promover iniciativas solidarias dirixidas á veciñanza de maior idade, especialmente a aquela que se pode atopar unha situación de soidade non desexada para crear vínculos afectivos e sociais que beneficien as persoas participantes no programa.

Esta semana comezan as sesións formativas para a posta en marcha de iniciativas solidarias, desde cero, que xeren un impacto positivo na poboación, desde accións de voluntariado.

Haberá dúas sesións de formación, a primeira este xoves 21 e a segunda o venres 22, nos dous casos entre as 17.00 e as 19.30 horas.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo con Nuria Freire no 604 032 160 e no correo nuria.freire@senvalos.org.