Skip to main content
As Pontes

Cohempo organiza o desfile de presentación de tempada este venres

Por 28 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes das Pontes, Cohempo, organiza este venres día 29 de setembro, ás 20:00 horas, no Cine Alovi o Desfile de Presentación de Tempada.

Nesta ocasión o comercio asociado mostrará as novas coleccións da tempada outono-inverno e dará a coñecer as novas tendencias de cara aos vindeiros meses en moda, decoración, calzados e accesorios, entre outros. Tamén haberá sorteos e algunha sorpresa.

As persoas interesadas en asistir poden conseguir a súa entrada esta semana nos establecementos participantes e que este ano son 13: El Baúl, Vilaboy Moda, Niza, Texas, Urbo, VL, Zokos, Novalux, Ratón Pérez e La Tienda.