Skip to main content
As Pontes

Aprobado o proxecto de reurbanización da praza do Barreiro das Pontes

Por 28 Setembro, 2023Setembro 30th, 2023Sin comentarios

O pleno do Concello das Pontes aprobou hoxe, durante unha sesión plenaria extraordinaria urxente, o proxecto de reurbanización da Praza do Barreiro, unha actuación cun orzamento de 372.644 euros con cargo á Deputación da Coruña.

O proxecto, que continúa coas actuacións levadas a cabo polo goberno local nos últimos anos, ten como obxectivo incrementar os niveis de funcionalidade, seguridade, accesibilidade, eficiencia enerxética, calidade ambiental e sustentabilidade nesta área de lecer e esparexemento e con tal finalidade crearanse zonas de estanza e reunión así como unha área de xogo, que permitirá a a participación, interacción e desenvolvemento de habilidades dos nenos e nenas,introducidas nunha ampla superficie axardinada e vías de tránsito e de comunicación cos edificios que rodean a praza, eliminando as barreiras físicas existentes e creando itinerarios accesibles.

“Na actualidade a Praza do Barreiro ocupa dentro do barrio unha superficie de 2.500 m², configurándose en dous niveis comunicados por unha ampla escaleira central, tendo en conta que se trata dun espazo público inserido entre bloques residenciais, proponse a creación de dous grandes espazos axardinados, un ao sur orientado ao xogo e outro ao norte con zonas de descanso, deseñándose amplos sendeiros peonís, dentro nunha alameda tradicional ” apuntan desde o Concello das Pontes.

O proxecto aprobado tamén contempla a mellora dos accesos aos edificios, mantendo ao mesmo tempo a privacidade nas vivendas mediante a implantación de bandas verdes axardinadas perimetrais.

Asi mesmo procederase á instalación de nova canalización eléctrica e novos farois e luminarias led e tamén se executará unha rede de drenaxe de pluviais conectada á rede de saneamento municipal existente, así como a posta a cota das arquetas e pozos existentes e a colocación de novas tapas de rexistro en cada un deles.

Por outra banda instalarase unha rede de rega automática para proporcionar a auga necesaria ás zonas axardinadas e finalmente equiparase o ámbito con mobiliario urbano de plástico reciclado mediante a colocación de bancos e papeleiras.

APROBACIÓN DOUTROS PROXECTOS

Durante o pleno municipal tamén foro aprobados outros proxectos con cargo ao POS Adicional da Deputación da Coruña, así aprobouse o proxecto básico e de execución de renovación e pavimento da Rúa Real (fase 2) cun orzamento de 89.518,80 €, o proxecto de mellora da pavimentación e servizos na rúa do Sol valorado en 222.449,80 €, os proxectos de reparación e mellora do firme no Cameleiro, a pavimentación de viarios na parroquia de San Xoán do Freixo así como a reparación da capa de rodaxe nos viarios de O Rego, o Couce e o Castro, cun orzamento de 36.130,49 €, 113.730,10 € e 36.130,49 €, respectivamente.