Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAXermade

Xermade convoca a súa carreira popular anual para o día 21

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

O sábado 21 de outubro terá lugar a XII Carreira Popular organizada polo Concello de Xermade a partir das 17.00 horas, con saída da praza do Concello e discorrerá por un circuíto de 3.250 metros.

A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

O novo circuíto constará de 6,5 quilómetros e será sobre asfalto. Haberá diferentes categorías atendendo á idade. Comezarán ás 17.00 cos máis pequenos, os pitufos, cun percorrido de 150 metros ata a xuvenil, que ten hora de saída ás 17.45 e percorrerán 6,5 quilómetros como os adultos, que iniciarán a carreira á vez.

Entre ambas categorías haberá catro categorías máis con diferentes percorridos.

O prazo de inscrición, que xa está aberto, pode facerse na web www.carreirasgalegas.com antes do xoves 17 de outubro as 23.59h.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo. Na categoría de Pitufos e Promoción haberá medallas para todos os participantes.  Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.

Nas categorías dende Sub-10 ata Máster C: trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo. Tamén haberá premio para os tres primeiros clasificados da xeral e ao primeiro home e muller de Xermade.

A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 18.50h.

Os participantes contarán con aparcadoiro gratuíto, camiseta para a de adultos, baños na zona de saída-chegada, recollida de dorsais e imperdíbeis, vestiarios e duchas no pavillón municipal, roupeiro custodiado por voluntarios da organización, avituallamento ao final de cada carreira, avituallamento ao final da carreira de adultos e ambulancia con médico.

Ademais, haberá inchables para os nenos e nenas participantes na carreira.