Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

O Trail Monte Comado de Barreiros será este domingo

Por 13 Outubro, 2023Outubro 14th, 2023Sin comentarios

O colectivo organizador, ACD Praias de Comado informou da nova carreira Trail Monte Comado do vindeiro domingo 15 de outubro.

A cita deportiva comezará coa saída do trail longo de 26 quilómetros ás 9.30 horas e ás 10.30 será a de 12 quilómetros. 

A saída e meta na praza do Souto en San Miguel de Reinante-Barreiros e a entrega de dorsais o mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída.

O evento está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, o Concello de Barreiros e Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e conta coa colaboración da Deputación de Lugo desde a Área de deportes; a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros; do Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma, Peña Barcelonista San Miguel, Casa Elena Turismo Rural, Taxi Valea e Pinturas Centeno.